Quen somos?
ALM somos miles de familias preocupadas pola relación da nosa infancia e adolescencia cos smartphones e as redes sociais, unha tecnoloxía que pon internet ao seu alcance en calquera momento e lugar, afectando á súa sociabilidade, aprendizaxe, concentración, sono e autoestima, ademais de favorecer o acceso a contido inapropiado para a súa idade, o ciberacoso e dar lugar a condutas adictivas.
Que buscamos?
Moitas familias entregaron o smartphone porque os seus fillos e fillas non foran os únicos que non o tiñan. Queremos cambiar esta presión social e para iso necesitamos apoiarnos colectivamente para atrasar a idade na que lles damos un smartphone.
Propoñémosvos uniros a este pacto que facemos as familias. Está nas nosas mans reducir a presión social que sofren e cambiar esa regra non escrita que nos levou a entregar este dispositivo xeralmente ao inicio da ESO.
Non estamos esaxerando?
En decembro de 2024, a Asociación Española de Pediatría actualizou as súas recomendacións por idade para o uso de pantallas:
13-16 anos: menos de 2 horas de pantalla ao día, incluíndo tempo escolar e deberes. Priorizar teléfonos sen acceso a internet e atrasar a idade do primeiro smartphone.
7-12 anos: menos de 1 hora de pantalla ao día, incluíndo tempo escolar e deberes.
0-6 anos: 0 pantallas, non existe tempo seguro de uso.
Como funciona o pacto?
1. Enche o pacto por cada un dos teus fillos ou fillas.
2. Ao facelo comprométeste a atrasar a entrega do primeiro smartphone, a ser posible, ata os 16 anos. Este compromiso será anual e renovarase automaticamente a non ser que solicites darte de baixa do pacto.
3. A información tratarase de forma anónima e compartiránse os resultados por zonas, escolas e cursos para coñecer o número de familias adheridas ao pacto e reducir así a presión social.
4. Se o teu centro ou municipio non aparece, por favor escríbenos a pacto@adolescencialibredemoviles.es e engadirémolo o antes posible.